Fai teatro connosco!
Cursos anuais para grupos de: Adultos (iniciación, intermedio, avanzado e pro) +
Infantil + Mozos + Senior.
Obradoiros intensivos (setembro): Interpretación actoral e Dirección de escena.
Os Náufragos nace na Coruña con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha clara vocación de proximidade co público.
Apostamos polos creadores e creadoras galegas e tamén por un teatro plenamente comprometido co social, dando visibilidade -desde hai décadas- ás realidades dos colectivos máis vulnerables ou nas marxes.
Ao longo dos últimos anos, a nosa compañía xirou coas súas pezas por toda España e tamén por países como México, Uruguai, Colombia, Cuba ou Portugal, obtendo importantes recoñecementos e diversas nominacións (as máis recentes, o Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo infantil e a nominación a mellor espectáculo internacional nos Premios Florencio do Uruguai 2023). As nosas pezas foron seleccionadas en festivais e convocatorias de todo o mundo, destacando FETEN, o primeiro circuíto ASSITEJ España para a infancia e a mocidade ou o Congreso Mundial de ASSITEJ (Cuba, 2024), no que fomos a única compañía española seleccionada.
Na nosa compañía facemos un traballo que vertebra a creación contemporánea, desde a dramaturxia ata a posta en escena, na que a procura de novas linguaxes e a labor do actor/actriz na creación son os eixos fundamentales da nosa proposta.
Consulta a nosa axenda e atopa as nosas próximas actuacións na túa área. Seguro que estaremos preto de ti moi pronto!
Sinopsis: Bulebule, el más reciente espectáculo de Os Náufragos Teatro, trata sobre la presencia de la mujer en los oficios del mar, la diversidad y el TDAH (Trastorno por Déficit […]
Sinopsis: Bulebule, o máis recente espectáculo de Os Náufragos Teatro, trata sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade). […]
Sinopsis: Hugo es diferente, le gustan mucho los aviones y también toca el piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia le gusta hablar y las plantas. Hugo tiene […]
Sinopsis: Hugo es diferente, le gustan mucho los aviones y también toca el piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia le gusta hablar y las plantas. Hugo tiene […]
A Escola ON abre as súas portas na Coruña, en outubro do 2019, como a aposta persoal dun grupo de profesionais fortemente comprometido coas artes escénicas, que traballou en diferentes lugares de referencia a nivel estatal.
Desde a súa apertura, a Escola asentouse no corazón da cidade, no barrio de Riazor, xerando unha rede de alumnos que a fixeron crecer por se soa, grazas ao boca a boca.
Escola ON é unha opción para todos e todas, con cursos diferenciados tanto para quen ten un percorrido maior no teatro, como para quen busca o seu desenvolvemento persoal a través dunha actividade lúdica, artística, divertida e grupal.
Os Náufragos teatro é unha cía de consolidada traxectoria e compromiso coa creación galega e co teatro social. As súas pezas entenden o teatro como ferramenta pedagóxica e buscan xerar tecido cultural e dar visibilidade ás realidades de colectivos vulnerables e vulnerados, á interculturalidade, á inclusión e á diversidade.
A Escola ON nace en 2019 como a aposta persoal dun profesorado comprometido coas artes escénicas, con experiencia en centros de referencia estatal. Desde entón, consolidouse pouco a pouco no corazón da Coruña, en Riazor, creando unha rede de alumnado que fixo dela un referente na ensinanza teatral da cidade.
Subscríbete para non perderte ningún dos nosos eventos, proxectos, datas de matrícula e moito máis.
Financiado por la Unión Europea-Next GenerationEU