Unha dramedia familiar, ambientada nun vello ultramarinos-bar do rural galego, na que se aborda a complexidade das relacións familiares, os conflitos interxeracionais e as consecuencias ambientais e patrimoniais da industria eólica.
A historia de NOSO desenvólvese nun vello ultramarinos-bar que, noutrora, foi punto de encontro habitual da veciñanza dunha pequena aldea galega. Un enclave afectado hoxe polo imparable avance dun parque eólico.
Baixo a sombra desta ameaza, NOSO vai entretecendo unha dramedia familiar construida a partir das lembranzas do pasado e dos conflitos do presente, que afonda nos conflitos interxeracionais e explora os límites das relacións familiares e dos lazos de sangue.
A produción de NOSO conta co apoio da AGADIC, a través da súa liña de axudas á creación escénica 2023.
Os Náufragos teatro é unha cía de consolidada traxectoria e compromiso coa creación galega e co teatro social. As súas pezas entenden o teatro como ferramenta pedagóxica e buscan xerar tecido cultural e dar visibilidade ás realidades de colectivos vulnerables e vulnerados, á interculturalidade, á inclusión e á diversidade.
A Escola ON nace en 2019 como a aposta persoal dun profesorado comprometido coas artes escénicas, con experiencia en centros de referencia estatal. Desde entón, consolidouse pouco a pouco no corazón da Coruña, en Riazor, creando unha rede de alumnado que fixo dela un referente na ensinanza teatral da cidade.
Subscríbete para non perderte ningún dos nosos eventos, proxectos, datas de matrícula e moito máis.
Financiado por la Unión Europea-Next GenerationEU