Onde: Auditorio do Centro Cívico Manuel Murguía
Cando: Venres, 28 de novembro: 20:30 h
NOSO
Unha dramedia familiar, ambientada nun antigo ultramarinos-bar dunha aldea do rural galego, na que se aborda a complexidade das relacións familiares, os conflitos interxeneracionais e o impacto ambiental e patrimonial da industria eólica.
Nicolás reúne á súa familia para despedir o espazo que os viu crecer: a casa familiar cun vello ultramarinos bar que rexentaban seus pais e onde agora vive con María, a súa parella. A expropiación do lugar por causa da construción dun parque eólico é o motivo da xuntanza.
As lembranza do pasado, as relacións entre irmáns e a necesidade de mirar cara ao futuro fan da nova unha dramedia familiar que fala do noso desde o rural deshabitado.
Unha produción de Os Náufragos Teatro en colaboración coa AGADIC.
Trailer: https://vimeo.com/1047950248
ENTRADAS: https://eventosarteixo.com/events/noso/