Bulebule

Estreamos

Bulebule

Unha peza sobre o TDAH e a presenza da muller no mar que derruba barreiras e explora os camiños da igualdade.

Descobre
'BULEBULE'

A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada… e facer un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).

Bulebule é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións

Sucando os mares das aspiracións de Candela, a obra amosa a súa ilusión e tesón por acadar os seus soños, malia as dificultades que, como grandes ondas, lle impón unha sociedade que non sempre entende a súa incansable enerxía.

Bulebule
en imaxes

Abrir chat
¡Hola! 😊
¿En qué podemos ayudarte?