Escola ON

A nosa
escola

A Escola ON ten unha opción para todos e todas, con cursos diferenciados tanto para quen ten un percorrido maior no teatro, como para quen busca o seu desenvolvemento persoal a través dunha actividade lúdica, artística, divertida e grupal.

Máis que unha escola de artes escénicas

Somos un espazo de encontro. Un lugar para compartir, tanto a nivel académico como persoal, no que valoramos moito a comunicación cos demais e a achega que cada alumno/para pode facer ao grupo.

Ofrecemos unha formación escénica integral

Desde a súa apertura, pasaron polos nosos cursos centos de alumnos e alumnas de tódalas idades e niveis. Temos un curso para ti! Todos valemos para o teatro e o teatro vale para todos!

ESCOLA ON

EQUIPO

Na nosa escola de teatro contemporáneo somos profesionais en activo das artes escénicas. Coñecemos o sector desde dentro, non só desde unha perspectiva meramente formativa, senón de maneira global e práctica. Isto permítenos ter unha visión integral e completa de todas as fases e procesos da creación escénica, desde a concepción da idea ata a súa execución sobre o escenario.

Os nosos docentes son profesionais con ampla experiencia formativa na Coruña e en Madrid. Ademais, en moitos dos nosos cursos contaremos coa colaboración de profesores invitados, expertos en ámbitos específicos como o teatro infantil, a performance, a expresión corporal ou a interpretación de texto e fronte á cámara.

Gustavo
del Rio

Gustavo del Rio, fundador da Escola ON de artes escénicas, é un director de escena, actor, dramaturgo e profesor coruñés con máis de 20 anos de experiencia sobre e arredor dos escenarios. Foi docente na Escuela Cuarta Pared de Madrid e fundador das compañías madrileñas Sudhum Teatro e Sueños de Humo. Nesa mesma etapa, tamén foi presidente de ARTEMAD e coordinador de MADFeria.

No ano 2017 funda a compañía Os Náufragos Teatro na Coruña, coa que está a acadar importantes recoñecementos tanto dentro das nosas fronteiras (Premio María Casares 2022 ao mellor espectáculo infantil, Premio do público na Mostra de teatro de Cariño), como a nivel internacional (realizando xiras en varios países, logrando o apoio de ASSITEJ Internacional e acadando nomeamentos en Premios como os Florencio do Uruguay). 

Ademáis, é codirector artístico do CORUFEST, Festival de Artes Escénicas pola Diversidade Afectivo-Sexual, con 10 edicións ás súas costas. Durante varios anos foi membro da directiva de Escena Galega e facilitador no Galicia Escena PRO.

Xestión E dirección artística

Todos debemos hacer teatro para averiguar quiénes somos y descubrir quienes podemos llegar a ser. Augusto Boal.

Rebeca
Vecino

Rebeca Vecino é actriz, directora de escena, profesora e autora de textos teatrais. Diplomada en Arte Dramático en Réplika Teatro-Academia del Actor, é codirectora da Escola ON e profesora de diversos cursos anuais, obradoiros e campamentos para a infancia, mocidade e adultos, impartindo clases de maneira continuada en varios centros nacionais desde hai décadas.

Como actriz leva preto de 20 anos traballando con diferentes directores de teatro como Jaroslaw Bielski, Mikolaj Bielski, Otso Kautto, Gustavo del Río ou Juan Manuel Navas, representando obras clásicas e contemporáneas con xiras nacionais e internacionais (Venezuela, Colombia, Finlandia, etc.).

Os seus créditos como directora de teatro inclúen diferentes espectáculos como “Interface” presentada no FRINJE 2014 (Matadero, Madrid) ou “Vivir como cerdos”, entre outros. Escribiu diversos textos teatraiss como “Loca Comedia de Poesía” e “Papeles a Medida”, así como diversas obras de teatro infantil. 

DIRECCIÓN FORMATIVA ESCOLA ON

Abrir chat
¡Hola! 😊
¿En qué podemos ayudarte?