Onde: Centro Sociocultural Ágora (A coruña)
Cando: Martes, 28 de outubro: 17:00 h e 18:30 h (2 pases)
HUGO, Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo familiar, é unha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade e naturalidade, as realidades, experiencias e vivencias diarias experimentadas polas persoas neurodiversas e, máis concretamente, polas persoas con TEA (Trastorno do espectro do autismo).
HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e a importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes!
Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. HUGO é un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.
Inscricións DE BALDE dispoñibles a partir do 24/10/2025, ás 10.00 h. en: https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
A actividade enmárcase no Programa APEGO, promovido polo departamentom de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.