Onde: 16º Festival É-Aqui-In-Ócio. Cine-Teatro Garrett (Sala Principal) – Póvoa de Varzim (Portugal)
Quando: Quarta-feira, 01 de outubro: 21:00 h
HUGO, Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo familiar, é unha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as microdiscriminacións diarias experimentadas polas persoas con TEA (Trastorno do espectro do autismo).
HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e a importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes!
Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. HUGO é un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.