
Onde: Edificio Sociocultural A Senra de Bergondo
Cando: Mércores, 12 de novembro: 12:30 h
*Actividade enmarcada na programación do ciclo Outono das Artes 2025, no marco do Programa A Cultura é un dereito, promovido polo departamentom de Cultura da Deputación da Coruña.
BULEBULE, o máis recente espectáculo de Os Náufragos Teatro, trata sobre a presenza da muller nos oficios do mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade).
Unha peza familiar que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres pioneiras no mar por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
A Candela encántalle o mar y soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é doado… e construir un barco tampouco. A Candela gústalle pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sinte verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).