Descarga os kits de prensa e documentación relacionada para cada unha das nosas obras en activo.
Unha dramedia familiar, ambientada nun vello ultramarinos-bar do rural galego, na que se aborda a complexidade das relacións familiares, os conflitos interxeracionais e as consecuencias ambientais e patrimoniais da industria eólica.
Unha peza familiar que busca concienciar sobre o TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) na infancia, galardoada co Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo familiar e seleccionada para o Congreso Mundial de ASSITEJ 2024, celebrado en Cuba.
Os Náufragos teatro é unha cía de consolidada traxectoria e compromiso coa creación galega e co teatro social. As súas pezas entenden o teatro como ferramenta pedagóxica e buscan xerar tecido cultural e dar visibilidade ás realidades de colectivos vulnerables e vulnerados, á interculturalidade, á inclusión e á diversidade.
A Escola ON nace en 2019 como a aposta persoal dun profesorado comprometido coas artes escénicas, con experiencia en centros de referencia estatal. Desde entón, consolidouse pouco a pouco no corazón da Coruña, en Riazor, creando unha rede de alumnado que fixo dela un referente na ensinanza teatral da cidade.
Subscríbete para non perderte ningún dos nosos eventos, proxectos, datas de matrícula e moito máis.
Financiado por la Unión Europea-Next GenerationEU