Área privada para profesionales

Matrícula 2025-2026 aberta

Reserva xa a túa praza

Apostamos pola sustentatibilidade

A nosa entidade foi seleccionada no ano 2025 como beneficiaria do bono de mellora de iluminación, dentro do Programa Bono Enerxía PEME do INEGA - Instituto Enerxético de Galicia. Grazas a esta axuda, vimos de levar a cabo a renovación dos equipamentos de iluminación escénica das nosas instalacións, o que nos permitirá mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo das nosas actividades escénicas e formativas. Nomeadamente, a renovación destes equipos permitirá aumentar a vida útil da iluminación escénica, mellorar a súa eficacia luminosa e reducir a nosa pegada enerxética, cun aforro estimado no consumo eléctrico por equipo de iluminación de entre o 88 e o 96%, segundo o modelo. Esta actuación foi financiada pola Xunta de Galicia, a través do INEGA, e enmárcase no noso compromiso compartido pola transición cara a un modelo de actividade cultural máis sostible e respectuosa co medio ambiente.

Os Náufragos teatro é unha cía de consolidada traxectoria e compromiso coa creación galega e co teatro social. As súas pezas entenden o teatro como ferramenta pedagóxica e buscan xerar tecido cultural e dar visibilidade ás realidades de colectivos vulnerables e vulnerados, á interculturalidade, á inclusión e á diversidade.

A Escola ON nace en 2019 como a aposta persoal dun profesorado comprometido coas artes escénicas, con experiencia en centros de referencia estatal. Desde entón, consolidouse pouco a pouco no corazón da Coruña, en Riazor, creando unha rede de alumnado que fixo dela un referente na ensinanza teatral da cidade.

Contacto

o Noso boletín

Subscríbete para non perderte ningún dos nosos eventos, proxectos, datas de matrícula e moito máis.

 

Programa Bono enerxía Peme 2025

Entidade beneficiaria do bono de mellora de iluminación co proxecto: “Renovación de equipamento de iluminación escénica para eficiencia enerxética.”

Operación cofinanciada pola Xunta de Galicia (INEGA) destinada a conseguir unha economía mais limpa e sostible.

 

Financiado por la Unión Europea-Next GenerationEU

© 2025 Escuela de Artes Escénicas ON
Abrir chat
¡Hola! 😊
¿En qué podemos ayudarte?