OS NÁUFRAGOS Teatro presenta HUGO
PRESENTAMOS
hUGO
Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo para a infancia
DESCOBRE
HUGO
Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. HUGO é un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.
HUGO é unha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as microdiscriminacións diarias experimentadas polas persoas con TEA.
HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e da importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes.