
Onde: Teatro Auditorio Ciudad de Alcobendas (Alcobendas, Madrid)
Cando: 10 de febrero de 2026
Co apoio en xira exterior da Axencia Galega das Industrias Culturais.
HUGO, Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo familiar, é unha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade e naturalidade, as realidades, experiencias e vivencias diarias experimentadas polas persoas neurodiversas e, máis concretamente, polas persoas con TEA (Trastorno do espectro do autismo).
HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e a importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes!
Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. HUGO é un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.