Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

HUGO

Maio 10 @ 00:00 - Maio 11 @ 00:00 CEST

Onde: Sala Cuarta Pared (Madrid)

Cando: 10 e 11 de maio de 2026

 

Co apoio en xira exterior da Axencia Galega das Industrias Culturais.

 

HUGO, Premio María Casares 2022 a mellor espectáculo familiar, é unha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade e naturalidade, as realidades, experiencias e vivencias diarias experimentadas polas persoas neurodiversas e, máis concretamente, polas persoas con TEA (Trastorno do espectro do autismo).

HUGO fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e a importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes!

Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. HUGO é un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse.

  • Premio María Casares 2022 á mellor peza familiar.

 

  • Espectáculo seleccionado en 2024 por ASSITEJ International como unha das 15 mellores propostas escénicas internacionais para a infancia e a xuventude, participando no seu Congreso Mundial.

 

  • Espectáculo declarado “de especial interese cultural e educativo” na Arxentina (Concejo Municipal de Villa Constitución, Santa Fe).

Trailer do espectáculo

 

Details

Start:
Maio 10 @ 00:00 CEST
End:
Maio 11 @ 00:00 CEST
Event Category:

Venue

Sala de Teatro Cuarta Pared
C. de Ercilla, 17, Arganzuela
Madrid, Madrid 28005 Spain
Phone
915172317
View Venue Website
Abrir chat
¡Hola! 😊
¿En qué podemos ayudarte?