Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

BULEBULE

Novembro 13, 2025 @ 18:00 - 19:00 CET

Onde: Auditorio de Baio (Zas)

Cando: Xoves, 13 de novembro: 18:00 h

*Actividade enmarcada na programación do ciclo Outono das Artes 2025, no marco do Programa A Cultura é un dereito, organizado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña.

 

BULEBULE, o máis recente espectáculo de Os Náufragos Teatro, trata sobre a presenza da muller nos oficios do mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade).

Unha peza familiar que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres pioneiras no mar por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

A Candela encántalle o mar y soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é doado… e construir un barco tampouco. A Candela gústalle pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sinte verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).   

  • Crítica de Itziar Pascual (Premio Nacional de Artes Escénicas 2019): “Bulebule é unha historia luminosa que faa de convivencia e de afecto, de amizade y de soños, do TDAH e do dereito a ser. Porque somos diferentes e miramos ao mar de xeito distinto: hai quen quere ser fareiro e quen prefire ser onda. Non vola perdades!”

Trailer do espectáculo

Programa Outono das Artes 2025

Venue

Auditorio de Baio
Travesía Fisterra 1, 8
Zas, A Coruña 15010 Spain
+ Google Map
Phone
981718056
View Venue Website
Abrir chat
¡Hola! 😊
¿En qué podemos ayudarte?